Resumen de tarifas 2025
Tarifas en vigor ata a ratificación pola Comisión de Prezos da Xunta de Galicia das novas tarifas aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 3 de xaneiro de 2025. Tódolos prezos inclúen IVE. En beneficio de todos, rógase importe exacto ó realizar pago en efectivo. Á bonificación de tarifas PassVigo financiada polo Concello de Vigo aplícase a bonificación extraordinaria do 30% da tarifa financiada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Tarxeta PassVigo
A tarxeta PassVigo é un documento identificativo que te permite acceder a diferentes servizos municipais e gozar de tarifas de transporte urbano bonificadas polo Concello de Vigo. Podes solicitala online comodamente desde calquera lugar en passvigo.vigo.org e chegará ao teu domicilio. Desde este portal poderás realizar tamén outros trámites relacionados coa túa tarxeta, como solicitar un duplicado, renovala ou consultar os teus movementos.
Información sobre o transbordo
El transbordo permíteche combinar dúas liñas de transporte para chegar a calquera punto da cidade empregando o transporte urbano. Usando a tarxeta PassVigo como método de acceso ao autobús, o transbordo é totalmente de balde entre liñas de diferente numeración.
¿Como funciona?
Unha vez queda validada a primeira viaxe, dispós de 45 minutos para realizar 2 transbordos (como máximo) a outras liñas. Cando o transbordo realizase cunha das liñas lanzadeiras ao Campus Universitario (U1 e U2), o tempo será de 75 minutos.
O transbordo só é válido cando o cambio é de a unha liña de distinta numeración que a de orixe. No caso de facer 2 transbordos, as 3 liñas deben ser distintas. Por exemplo, pódese realizar transbordo entre a C1 e a C2, pero non entre a LA4 e L4C xa que teñen a mesma numeración.