Descobre Vigo a bordo do Bus Turístico!
Quere coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade olívica? O Bus Turístico permíteche coñecer, nun percorrido de aproximadamente 90 minutos, os puntos máis representativos da cidade. A través do sistema de autoguía dispoñible en 8 idiomas aprenderás a orixe e curiosidades da historia da cidade, o seu gran desenvolvemento e a súa forte vinculación co mar.
Esperámoste a bordo do Bus Turístico de Vigo!
Tarifas:
-
Adultos 7,5€
-
Nenos/as entre 5 e 14 anos: 4€
-
Menores de 5 anos: Gratis (sen ocupar asento)
Punto de venda:
-
A pé de bus (dispoñible pago con tarxeta) ou de forma anticipada na plataforma Woutick!
Detalles:
-
Duración: 90 minutos aproximadamente.
-
Audioguía dispoñible en 8 idiomas: castelán, galego, alemán, francés, inglés, italiano, portugués e ruso.
-
Auriculares incluidos.
-
O bus está adaptado para persoas con mobilidade reducida e dispón de teito despregable para días de choiva.
-
Servizo Hop ON-Hop OFF: As persoas que o desexen poderán descender en calquera das 3 paradas realizadas durante o traxecto (Monte O Castro, Pazo Quiñones de León e Praia de Samil) e incoporarse na seguinte expedición do Bus Turístico. Este servizo é exclusivamente válido para viaxes que se realicen dentro do mesmo día e non asegura a reserva de praza en caso de aforo completo.
Percorrido:
Cánovas del Castillo (Estación Marítima) - volta rotonda - Cánovas del Castillo - Carral – Marqués de Valadares - Rosalía Castro - Oporto – García Barbón - Colón - Urzáiz-Príncipe - Urzáiz - Gran Vía - Praza España - Fernando Conde - Couto - Marqués de Alcedo - P. Rosalía Castro (parada 10 minutos) - Manuel Olivié - Praza España - Gran Vía - Praza América - Avda. Castrelos - volta rotonda Avenida do Alcalde Portanet - Avda. Castrelos - entrada principal Parque de Castrelos (parada de 5 minutos) - Parque de Castrelos - Pontillón - Circunvalación - Avda. Castrelos – Avda Alcalde Portanet - Val Miñor - M. de Castro - Martín Echegaray - Avda. Castelao - Avda. Europa - Samil (parada de 6 minutos)- Avda. Atlántida - Rotonda Avda. Atlántida á dereita- Rotonda Avda. Europa - circunvalación de Bouzas - Bouzas - Beiramar - Cánovas del Castillo 22.
Durante o traxecto, o bus turístico realiza 3 breves paradas nas que os usuarios/as poderán baixar do autobús para fotografiar a contorna se o desexan.
-
Monte O Castro: 10 minutos
-
Pazo Quiñones de León: 5 minutos
-
Praia de Samil: 6 minutos
*Ten en conta que, unha vez finalizado o tempo de parada, o autobús retomará o traxecto. O Bus Turístico non pode realizar esperas que excedan o tempo de parada establecido en ningunha circunstancia. Rógase puntualidade.
Horarios:
Saídas dende Cánovas del Castillo (Est. Marítima)
Inicio do percorrido:
10:00h
12:00h
16:30h
18:30h
Parada en Monte de O Castro
Hora de saída do bus:
10:30h
12:30h
17:00h
19:00h
Parada en Pazo Quiñones de León
Hora de saída do bus:
10:56h
12:56h
17:26h
19:26
Parada en Praia Samil (Verbum)
Hora de saída do bus:
11:23h
13:23h
17:53h
19:53h