A flota de Vitrasa, cada día máis sostible
O Concello e Vitrasa amosan o seu compromiso cunha mobilidade urbana máis sostible e respectuosa co medio ambiente.
Así, ao longo do ano 2023 á flota do servizo de autobús urbano de Vigo incorporáronse 29 novos autobuses. Destes 29 autobuses, 22 son vehículos híbridos de última xeración, converténdose nos primeiros destas características que percorren a cidade.
Os novos híbridos contan cun motor eléctrico grande de 110 Kw que permite aforrar unha media do 30% no consumo de combustible en comparación cun bus diésel. Así mesmo, as emisións de CO2 redúcense ata un 39% e o NOx e as partículas emitidas polos sistemas de escape, principais causantes do smog fotoquímico, redúcense ata un 50%.
Os vehículos híbridos, ademais de ser unha incorporación clave para a mellora do medio ambiente e da calidade do aire, tamén axudan á redución da contaminación acústica na cidade. Estes modelos tan só alcanzan 75 decibelios, equivalente ao ruído dunha aspiradora acendida.
Ademais, a nova flota incorpora un sistema Start and Stop de apagado do motor que permite un maior aforro de combustible nas paradas. Estes modelos híbridos recárganse de forma automática a través da freada rexenerativa e do motor, evitando así dispoñer de períodos de carga nocturna, sendo suficiente pequenas contribucións de rede normal para o rebalanceo e a temperatura da batería.
A seguridade viaria é un dos aspectos máis importante no transporte urbano de Vigo. Por este motivo os novos autobuses contan con sistemas de detección lateral con sensores no lado da beirarrúa que axudan ao persoal de condución a supervisar ese lado do vehículo. Así mesmo, dispoñen dun sistema de detección de peóns e ciclistas, así como cámaras de visión externa que advirten en caso de que haxa risco de colisión.
Estes novos autobuses teñen una lonxitude de 12 metros e unha capacidade para un total de 102 pasaxeiros/as. Catro deles contan co interior adaptado cunha zona especial de maleteiro e se destinan principalmente a realizar as viaxes da liña A que da servizo hasta o aeroporto de Vigo.
Os 7 autobuses restantes son mild-hybrid ou de hibridación lixeira que optimiza o rendemento e o consumo do motor de combustión Euro 6, os máis respectuosos co medio ambiente, e contan con etiqueta ECO. O motor eléctrico de 14kW xera enerxía durante a marcha e na freada, desta forma consegue aforrar o consumo de combustible ata un 8,5%.
Entre estas novas incorporacións, conta un autobús cunha lonxitude de 10 metros, o máis pequeno da flota, adaptado para rutas por estradas máis estreitas, os seis restantes son autobuses articulados, popularmente coñecidos como “oruga”, cunha lonxitude de 18 metros e capacidade para máis de 155 persoas.
O 100% da flota é accesible para persoas con mobilidade reducida ou discapacidades física. Todos os autobuses incorporan rampla telescópica para o acceso de cadeiras de rodas e no interior tamén se atopan dous espazos habilitados para elas. Todos contan con pantalla na que se pode visualizar o percorrido da liña apoiado por indicacións de voz nas paradas.
Nos próximos meses incorporaranse outros 20 novos buses que seguirán reforzando o compromiso de Vigo para mellorar a calidade de vida da súa cidadanía a través dunha mobilidade máis sostible e segura.