spinner-avanza

¡Vive a maxia do Nadal en Vigo a bordo do Nadal Bus!

 

Gustaríate descubrir os recunchos máis encantadores da cidade no Nadal?
Súbete ao Nadal Bus de Vigo e goza dun cómodo percorrido duns 40 minutos, rodeado polo impresionante alumado de Nadal que vese mesmo desde o espazo.

Ao longo do traxecto percorrerás os puntos máis emblemáticos da iluminación de Nadal e admirarás a cidade desde unha perspectiva única, a bordo do noso autobús de dous andares.

Non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia inesquecible! Agardámoste no Nadal Bus de Vigo para celebrar o Nadal como nunca.

Benvidos ao mellor Nadal do mundo!

Responsive Image
Percorrido
Urzáiz – Príncipe (A Farola), Urzáiz, Gran Vía, Praza de España, Praza de América (volta á Praza), Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, República Argentina, García Barbón, Colón, Urzáiz – Príncipe (A Farola).
  • Punto de saída: Urzáiz-Príncipe (A Farola)
  • Punto de chegada: Urzáiz-Príncipe (A Farola)
  • Duración do percorrido: 40 min (aproximadamente)
 
Tarifas
  • Billete xeral: 9€
  • Billete con desconto tarxeta PassVigo (exclusivo venda en liña): 5€ (desconto aplicado ao introducir o número de tarxeta PassVigo, independentemente do tipo). Será imprescindible presentar un documento de identificación que verifique que o titular da tarxeta PassVigo corresponde co da reserva.
  • De 0 a 3 anos de balde sen ocupar asento.
COMPRAR BILLETE DE FORMA ANTICIPADA

Condicións
Recoméndase aos viaxeiros que estean na parada polo menos 15 minutos antes da saída do autobús.
O acceso será por orde de chegada. O andar superior estará reservado exclusivamente para quen teñan adquirido o seu billete anticipadamente en liña. Se quedan asentos dispoñibles neste andar tras a venda en liña, asignaranse tamén por orde de chegada.
Para quen adquira o seu billete coa tarxeta PassVigo, será imprescindible presentar un documento de identificación que verifique que o titular da tarxeta PassVigo corresponde co da reserva, xunto co billete en formato dixital ou impreso.
Recoméndase acceder de forma ordenada ao autobús. Non se permite consumir alimentos nin bebidas a bordo.
Importante: Non se admiten cambios nin devolucións. Non se permite o acceso con mascotas segundo o Regulamento de Transporte Público Urbano. O importe do billete non é reembolsable. Os nenos/as menores de 3 anos viaxan gratis, sen ocupar asento.