- Introdución
- Responsable do Tratamento
- Tratamento dos datos
Os datos de carácter persoal serán tratados de forma leal, lícita e transparente en relación co interesado e serán recollidos con finalidades determinadas, explícitas e lexítimas, polo que non poderán ser tratados de maneira incompatible con ditos fins.
Os datos recollidos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación coas finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa necesario.
Nos casos nos que resulte obrigatorio conforme á lexislación aplicable, deberá obterse o consentimento dos interesados antes de recoller os seus datos.
- Finalidade
- Videovixilancia: Os datos persoais recollidos son tratados por VITRASA co obxectivo de preservar e garantir a seguridade das persoas e os seus bens, así como das súas propias instalacións e vehículos. Así mesmo, VITRASA utiliza os sistemas de videovixilancia dos vehículos co obxectivo de gravar os sinistros que se poidan producir durante os percorridos realizados na prestación dos servizos.
- Atención ao cliente (SAV): Os seus datos persoais serán tratados para xestionar e tramitar as reclamacións, consultas, solicitudes ou comunicacións que expoña ao servizo de atención ao cliente.
- Sinistros: Os seus datos persoais serán tratados para xestionar e tramitar o sinistro ocorrido conforme á normativa aplicable.
- Candidatos: Os datos persoais serán tratados por VITRASA para xestionar a súa candidatura a un posto de traballo en VITRASA ou en calquera das sociedades do Grupo Avanza. Pode obter información actualizada sobre a identidade e actividades das empresas do Grupo Avanza en https://www.avanzagrupo.com/.
- Acceso empregados web: Xestionar o subministro de información e servizos de interese para os colaboradores de VITRASA, incluído o acceso a información persoal, servizos e calendarios, entre outros.
- Redes sociais: Xestionar o rexistro de usuarios e as solicitudes que poidan presentar a través das redes sociais, administrar a presenza de VITRASA nas redes sociais, informando de actividades, produtos ou servizos, e calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan (Twitter, Facebook, etc.). En ningún caso utilizaranse as contas nin os perfís dos seguidores ou usuarios das redes sociais para enviar comunicacións comerciais de forma individual.
- Lexitimación
- Videovixilancia: A base legal para o tratamento dos seus datos persoais constitúese no interese público de VITRASA en preservar e garantir a seguridade das persoas e os seus bens, así como das súas propias instalacións. Pola súa banda, a base legal para levar a cabo a gravación dos sinistros mediante os dispositivos de videovixilancia dos vehículos atópase baseado no interese lexítimo de VITRASA en ter acceso a unha tutela xudicial efectiva.
- Atención ao cliente (SAV): O consentimento prestado ao formular a súa reclamación, consulta, solicitude ou comunicación.
- Sinistros: A base de lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais é a execución dunha obrigación legal, en concreto as indicadas na Lei 50/1980, do 8 de outubro, de Contrato de Seguro e outras leis específicas, para tramitar o sinistro coas entidades aseguradoras.
- Candidatos: A lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais é o consentimento prestado ao remitir a súa candidatura para ocupar un posto de traballo en VITRASA ou en calquera das sociedades que conforman o Grupo Avanza.
- Acceso empregados web: A execución dun contrato no que o interesado é parte e o interese lexítimo de VITRASA.
- Redes sociais: O consentimento do interesado.
- Destinatarios
- Videovixilancia: Con carácter xeral non se comunicarán os seus datos persoais a terceiros, salvo en determinados supostos como cando sexa necesario para cumprir unha obrigación legal no contexto da investigación e persecución de delitos ou infraccións administrativas. Nese caso, os seus datos persoais poderán ser comunicados ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, aos Xuíces e Tribunais e/ou ao Ministerio Fiscal. Ademais, poderíamos facilitar imaxes a terceiros particulares cando soliciten o acceso a imaxes gravadas polas cámaras de videovixilancia co obxectivo de coñecer a identidade dun terceiro aos efectos de poder exercitar determinadas accións xudiciais e/ou contractuais. Non se prevé a transferencia a terceiros países ou organizacións internacionais dos datos persoais.
- Atención ao cliente (SAV): Os seus datos persoais serán comunicados aos organismos administrativos competentes cando sexa necesario para xestionar e tramitar a súa reclamación. Non se prevén outras comunicacións salvo obrigación legal.
- Sinistros: VITRASA comunica os datos persoais dos afectados polos sinistros ás seguintes entidades para a correcta xestión do sinistro:
- AVANZA SPAIN, S.L.U., co obxectivo de controlar, analizar e xestionar a sinistralidade das súas rutas de transporte.
- Entidade aseguradora.
- Xuíces, Tribunais e Forzas e Corpos de Seguridade.
- Administracións Públicas Sanitarias.
- Candidatos: Os seus datos persoais poderán ser comunicados: (i) a outras sociedades do Grupo Avanza que poidan dispoñer dunha oferta de emprego adecuada ao seu perfil coas finaliades anteriormente mencionadas; (ii) a MICROSOFT CORPORATION, domiciliada nos Estados Unidos, para os servizos de Office 365, Microsoft Dynamics CRM Online e Windows Azure (MOS). Dita entidade está incluída no rexistro do EU-US Data Privacy Framework, o que garante un nivel adecuado de protección de datos conforme á normativa da Unión Europea.Por isto, as transferencias internacionais de datos cara MICROSOFT CORPORATION realízanse coas garantías necesarias suficientes e en cumprimento da lexislación aplicable.
- Acceso empregados web: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
- Redes sociais: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
- Conservación
- Videovixilancia: Os datos persoais serán conservados durante un prazo máximo dun mes desde a súa captación, transcorrido este prazo procederase á súa supresión. Non obstante o anterior, se as imaxes recabadas puideran captar un delito ou infracción administrativa que deba ser posta en coñecemento dunha autoridade, as imaxes poderán conservarse durante un tempo superior ao mes inicial, co único fin de poñelas a disposición das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ao Xuíces e Tribunais y/ou ao Ministerio Fiscal.
- Atención ao cliente (SAV): Durante o prazo necesario para atender, xestionar e tramitar as consultas e reclamacións pranteadas. É posible que conservemos algúns dos seus datos persoais mentres sexa necesario para cumprir as obrigacións legais ou reglamentarias ás que poida estar suxeita VITRASA.
- Sinistros: Os seus datos persoais conservaranse durante o prazo necesario para atender, xestionar e tramitar o sinistro. É posible que conservemos algúns dos seus datos persoais mentres sexa necesario para cumprir as obrigacións legais ou reglamentarias ás que poida estar suxeita VITRASA.
- Candidatos: VITRASA conservará os seus datos persoais para xestionar a súa candidatura á oferta de trallado á que inscribiuse e para telo en conta en futuros procesos de selección que poidan iniciar na Sociedade no prazo de tres anos. É posible que conservemos os seus datos persoais mentres sexa necesario para cumprir coas obrigacións legais ou reglamentarias ás que poida estar suxeita VITRASA así como para atender eventuais responsabilidades nacidas do seu tratamento.
- Acceso Empregados web: Vitrasa poderá conservar os seus datos persoais mentres sexa necesario para cumprir coa finalidade para a cal foron recollidos, e no seu caso despois para atender as posible obrigacións legais ou regulamentarias ás que poida estar suxeita.
- Redes sociais: Vitrasa poderá conservar os seus datos persoais mentres sexa necesario para cumprir coa finalidade para a cal foros recollidos, e no seu caso despois para atender ás posibles obrigas legais ou regulamentarias ás que poida estar suxeita.
- Dereitos
Poderá dirixir as súas solicitudes de acceso, retificación, supresión, oposición ou limitación ao tratamento, dirixindo unha solicitude por escrito á dirección antes indicada ou á dirección de correo electrónico: dpo.avanza@mobilityado.com.
Se ten calquera dúbida ou desexa máis información, pode poñerse en contacto con VITRASA na dirección postal ou de correo electrónico arriba indicadas. Informámoslle de que ten dereito a recoller a tutela da Axencia Española de Protección de datos a través da súa páxina web: www.aepd.es.
Pode contactar co Delegado de Protección de Datos (DPO) mediante o correo notificaciones@audens.es, onde poderá, entre outras cosas, solicitar información sobre transferencias internacionais de datos.
Datos de navegación é Política de Cookies
As cookies son procedementos automáticos de recollida de información relativa ás preferencias determinadas por un usuario durante a súa visita a unha páxina web concreta co fin de recoñecelo como usuario recorrente e personalizar a súa experiencia e o uso por parte súa do noso Sitio. VITRASA poderá colocar unha cookie no disco duro do seu ordenador durante a súa visita ao sitio web, gardándose no disco duro do seu ordenador ata que vostede a elimine. Tamén podemos usar cookies temporais ou de “sesión” para axudarlle na navegación ou na compra. Estas cookies expirarán cando efectúe un pedido, ou, noutro caso, nun prazo máximo de quince días.
En calquera caso, informámoslle de que, dado que as cookies non son necesarias para o uso do Sitio Web, vostede pode rexeitar facilmente e eliminar as cookies instaladas no seu ordenador. Os procedementos para bloquear e eliminar as cookies poden variar dun navegador de internet a outro, e, en consecuencia, rogámoslle que consulte as instrucións facilitadas polo fabricante do seu navegador de internet. Pode configurar o seu navegador para que lle avise da presenza de cookies ou para rexeitalas automaticamente. Se decide rexeitalas, poderá seguir usando o noso Sitio Web, aínda que con certas limitacións no uso dalgunhas funcionalidades.
O nome de dominio do servidor que transmite e activa os procedementos automáticos de recollida é www.vitrasa.es, e o seu prazo de validez é de 24 horas, transcorridas as cales son automáticamente borrados os arquivos cookie.
Así mesmo, poderemos usar as súas direccións IP para analizar tendencias, xestionar o noso Sitio Web, realizar un seguimento dos patróns de tráfico e recompilar información demográfica para uso disociado ou tamén en combinación cos seus datos información de identificación persoal a efectos de protección e reducción de riscos.
O portal web contén ligazóns a páxinas web de terceiros cuxas políticas de privacidade son alleas a esta. Ao acceder a estes sitios web, pode decidir se acepta as súas políticas de privacidade e cookies. Con caracter xeral, se navegas por internet, pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.
Menores de idade
No caso de menores de catorce anos, requírese o consentimento dos pais ou titores para o tratamento dos seus datos de carácter persoal. Por iso, se es menor de catorce anos e accediches a este sitio web sen avisar aos teus pais ou titores, non cubras ningún formulario nin nos facilites datos persoais por ningún outro medio.
Datos facilitados polo usuario
Os datos persoais solicitados nos formularios son necesarios para xestionar as túas solicitudes e/ou prestarche os servizos obxecto de contratación, salvo que se indique expresamente o contrario. Por iso, se non nos facilitas os datos ou non aceptas esta Política de Privacidade, non poderemos atender correctamente as túas solicitudes nin prestarche o servizo solicitado.
É importante, para que poidamos manter os datos persoais actualizados, que nos informes sempre que se produza algunha modificación nos mesmos.
Os datos facilitados polo interesado presumiranse correctos, polo que, no caso de que resulten erróneos, VITRASA declina calquera responsabilidade pola execución incorrecta ou a non execución das túas solicitudes ou do contrato no que sexa parte.
Ademais, o interesado responde pola veracidade dos datos facilitados, reservándose VITRASA o dereito de excluír dos servizos que presta a todo interesado que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que correspondan en Dereito.
Non nos facemos responsables da política de privacidade respecto aos datos persoais que poidas facilitar a terceiros a través das ligazóns dispoñibles na nosa páxina web.
Categorías especiais de datos
Non se debe facilitar nos campos de texto libre dos formularios da nosa web ou app, ningún dato de carácter persoal que poida ser cualificado como especialmente protexido, como son os datos persoais que revelen a raza, a orixe étnica ou racial, as opinións políticas, as conviccións ou crenzas relixiosas ou filosóficas, a afiliación sindical, datos xenéticos, datos biométricos, datos relativos á saúde física ou mental, datos relativos á vida sexual ou ás orientacións sexuais dunha persoa física, ou datos relativos a condenas ou infraccións penais.
No caso de que VITRASA nalgún momento requira esta información, solicitarase o consentimento expreso do titular deses datos (xa sexa mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa) para recoller e utilizar esa información, comunicándolle previamente e de forma inequívoca a finalidade da recollida e tratamento da dita información.
No caso de que, sen que VITRASA solicitase esta información, esta sexa comunicada voluntariamente á citada entidade, esa comunicación supoñerá un acto explícito do usuario que implica a existencia dunha manifestación de consentimento expreso por parte do usuario respecto do tratamento dos seus datos por VITRASA.
Modificación da Política de Privacidade
Esta Política de Privacidade pode variar en función das esixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se recomenda a súa consulta periódica e, en todo caso, cada vez que nos vaian facilitar os seus datos.