Tarifas do Servizo de Transporte Urbano Colectivo na cidade de Vigo
Vixencia: del 01/07/2025 al 31/12/2025.
Billete ordinario 1,63 €
Tarxetas multiviaxe
Xerais
PassVigo Normal 0,67€*
PassVigo Estudante 0,65€*
PassVigo Universitario 0,51€*
PassVigo Social 0,55€*
PassVigo Pensionista I GRATUÍTO
PassVigo Pensionista II GRATUÍTO
Persoas PMR en cadeira de rodas e acompañante GRATUÍTO
Menores de 15 anos
PassVigo Normal GRATUÍTO
PassVigo Estudante GRATUÍTO
De 15 a 30 anos
PassVigo Estudante 0,54€*
PassVigo Universitario 0,43€*
*O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible financia cun 20% as tarxetas multiviaxe xerais, cun 100% a de menores de 14 anos (inclusive), e cun 50% a mozas/mozos de 15 a 30 anos (universitario/estudante), sobre a tarifa base xa subvencionada. O Concello de Vigo financia cun 20% sobre a tarifa base xa subvencionada as tarxetas multiviaxe xerais. Esta bonificación non se aplica ao billete ordinario.
Pensionista I y II, así como persoas PMR en cadeira de rodas e acompañante son financiados ao 100% polo Concello de Vigo
Tódolos prezos inclúen I.V.E. En beneficio de todos, prégase importe exacto ao realizar o pagamento en efectivo do billete ordinario. Cambio máximo admitido 10€.
Información sobre o transbordo
El transbordo permíteche combinar dúas liñas de transporte para chegar a calquera punto da cidade empregando o transporte urbano. Usando a tarxeta PassVigo como método de acceso ao autobús, o transbordo é totalmente de balde entre liñas de diferente numeración.
¿Como funciona?
Unha vez queda validada a primeira viaxe, dispós de 45 minutos para realizar 2 transbordos (como máximo) a outras liñas. Cando o transbordo realizase cunha das liñas lanzadeiras ao Campus Universitario (U1 e U2), o tempo será de 75 minutos.
O transbordo só é válido cando o cambio é de a unha liña de distinta numeración que a de orixe. No caso de facer 2 transbordos, as 3 liñas deben ser distintas. Por exemplo, pódese realizar transbordo entre a C1 e a C3, pero non entre a L4A e L4C xa que teñen a mesma numeración.
Tarxeta PassVigo
A tarxeta PassVigo é un documento identificativo que te permite acceder a diferentes servizos municipais e gozar de tarifas de transporte urbano bonificadas polo Concello de Vigo. Podes solicitala online comodamente desde calquera lugar en passvigo.vigo.org e chegará ao teu domicilio. Desde este portal poderás realizar tamén outros trámites relacionados coa túa tarxeta, como solicitar un duplicado, renovala ou consultar os teus movementos.
