EMPRESA / NOTICIAS


HISTÓRICO DE NOTICIAS

 

11-10-2024
BASES DO SORTEO DE 4 ABONOS DOBRES PARA A FEIRA VEGANAGAL DO 26 E 27 DE OUTUBRO DE 2024 - INSTAGRAM
 

BASES DO SORTEO DE 4 ABONOS DOBRES PARA A FEIRA VEGANAGAL DO 26 E 27 DE OUTUBRO DE 2024

 

A acción "SORTEO DE 4 ABONOS DOBRES PARA A FEIRA VEGANAGAL DO 26 E 27 DE OUTUBRO DE 2024” é un Sorteo realizado por VIGUESA DE TRANSPORTES SL (en adiante denominada “VITRASA”), con CIF número B36693778 e con domicilio social en Carretera de Camposancos, 36 (Vigo) en colaboración coa VEGANGAL SL (en diante denominada “VEGANAGAL”) con número B16738866.

O Sorteo desenvolverase de conformidade co establecido nas presentes bases.

 

OBXECTO DO SORTEO

Este Sorteo (en diante, o “Sorteo”) ten por obxectivo promover o uso do transporte público en xeral e, particularmente, para acceder á Feria VEGANAGAL que celébrase os días 26 e 27 de outubro de 2024 no IFEVI (Vigo).

 

PERIODO DO SORTEO

O prazo para a participación comezará o 11 de outubro de 2024 ás 11:00h e finalizará o 21 de outubro de 2024 ás 23:59h.

 

PARTICIPACIÓN NO SORTEO

Poderán participar no Sorteo todas aquelas persoas físicas maiores de 16 anos que sigan aos perfís de VITRASA e VEGANAGAL en Instagram e comenten na publicación do sorteo mencionando a un amigo/a en comentarios da publicación do 11 de outubro de 2024, co que compartir a experiencia.

Todos os participantes no Sorteo, polo simple feito da participación, aceptarán as bases do Sorteo e as normas que rexen o seu procedemento.

Así mesmo, so poderán participar perfiles de persoas físicas, excluíndose os perfiles de grupos, persoas xurídicas, empresas, asociacións ou similares.

No Sorteo non poderán participar os empregados de Avanza-Vitrasa.

Os premios son persoais e intransferibles polo que en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración, cesión a terceiros ou compensación en moeda de curso legal.

Non será posible a compensación económica pola non posibilidade de recoller ou facer uso do premio.

MECÁNICA DO SORTEO

O prazo para a participación comezará o 11 de outubro de 2024 ás 11:00h e finalizará o 21 de outubro de 2024 ás 23:59h.

O Sorteo será publicado na web de Vitrasa (vitrasa.es) e no perfil de Instagram (vitrasaoficial).

Para participar, é necesario

-          Ser maior de 16 anos

-          Que o perfil participante sexa seguidor/a do perfil de Intagram de VITRASA (@vitrasaoficial) e de VEGANAGAL (@vegana.gal).

-          Comentar na publicación do sorteo mencionando a un amigo/a en comentarios da publicación do 11 de outubro de 2024, co que compartir a experiencia.

 

O 22/10/2024 Vitrasa comprobará a publicación e que as participacións realizáronse de forma correcta anteriormente indicada.

As persoas participantes no Sorteo autorizan a difusión do seu nome de usuario/a nas as redes sociais e tamén nos medios de comunicación en caso de que se realizase unha comunicación pública do/da gañador/a, así como unha imaxe de si mesmos.

Excluiranse do Sorteo todas aquelas persoas participantes que inclúan comentarios que degraden a dignidade e a imaxe doutros participantes, de VITRASA ou de VEGANAGAL, reservándose VITRASA todas as accións legais que se puideran derivar dos mesmos e todas as persoas participantes que participen con fotografías e/ou realicen comentarios nas mesmas que poidan ser inapropiados ou lesivos para a imaxe de VITRASA ou de VEGANAGAL que poidan resultar ofensivas.

 

PREMIOS

O premio consistirá en

-          Catro (4) abonos dobres para a feira VEGANAGAL que se celebra nos días 26 e 27 de outubro de 2024 no IFEVI (Vigo).

-          Haberá catro (4) persoas gañadoras.

 

COMUNICACIÓN DA OBTENCIÓN DE PREMIOS

O nome de usuario/a das persoas premiadas darase a coñecer o 22 de outubro de 2024 no perfil de Instagram.

Así mesmo, os gañadores/as do concurso serán contactados por Instagram, dependendo na rede onde participaran, o 22 de outubro de 2024 e deberán responder aceptando ou rexeitando o premio nun prazo de 24 horas. Se os gañadores/as non aceptasen o seu premio ou non se obtivera resposta, pasarase a contactar co suplente polo mesmo medio. Se o suplente tampouco responde no prazo de 24 horas ou rexeita o premio este quedará baleiro.

 

NOME E IMAXE EN OPERACIÓNS DE PUBLICIDADE E COMUNICACIÓN

Mediante a aceptación da participación no Sorteo, as persoas gañadoras permiten e consenten que os seus datos persoais sexan publicados como gañadores na páxina web de Vitrasa e nas redes sociais oficiais de Vitrasa.

Así mesmo, os participantes aceptan que se lles efectúen fotografías ou se lle realicen reportaxes audiovisuais, e cederán a súa imaxe para que se utilicen no material publicitario relacionado co presente Sorteo, incluído internet, sen percibir contraprestación algunha.

 

EXCLUSIÓNS E LIMITACIÓNS

Vitrasa pretende que a competición entre os participantes no sorteo fágase con igualdade de oportunidades e co estrito respecto ás normas de boa fe. Po isto, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte descualificación do participante no sorteo.

A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descualificación automático, así como a perda do premio se se houbera outorgado.

Vitrasa queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impediran a súa identificación.

O premio en ningún caso poderá ser obxecto de substitución, cambio, alteración compensación, cesión ou venda por parte dos gañador/a.

Vitrasa exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios houberan podido atribuír aos mesmos e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de internet ou comunicacións telefónicas habilitadas ao efecto.

Vitrasa resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentas bases.

Vitrasa resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período de concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.

Vitrasa resérvase o dereito de acortar, prorrogar, modificar ou cancelar este concurso se concorreran circunstancias excepcionais que impediran a súa realización, comunicando ditas circunstancias de maneira que se evita calquera prexuízo para os participantes na promoción.

Vitrasa non será responsable dos retrasos, perdas ou deterioracións por causas que non lle sexan imputables. Vitrasa tampouco responderá dos casos de forza maior que puideran impedir ao gañador/es o desfrute total ou parcial do seu premio.

Así mesmo, Vitrasa queda exenta de toda responsabilidade se concorrerá algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polo danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o desfrute do premio.

Vitrasa resérvase o dereito de eliminar a promoción por causa xustificada a calquera usuario que defraude, altere o inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario da mesma.

O gañador/a será responsables de tódalas obrigacións fiscais que se deriven de premio obxecto do presente Sorteo.

Vitrasa resérvase o dereito de cancelar o Sorteo en calquera momento e por calquera causa.

Vitrasa resérvase o dereito a non considerar participante e -polo tanto- excluír deste Sorteo a calquera participante que estime que realiza un mal uso e/ou tente manipular a mecánica do Sorteo en xeral.

Os participantes obríganse expresamente a garantir a exactitude e veracidade dos seus datos de carácter persoal. A falsidade de calquera tipo de dato, ou o incumprimento de calquera dos requisitos sinalados nas presentes Bases, será causa suficiente para a descualificación como participante do presente Sorteo.

Vitrasa resérvase o dereito a realizar modificacións ou engadir anexos sucesivos sobre a mecánica e premios, sempre que as mesmas estean xustificadas ou non prexudiquen aos participantes, e comuníquense a estes debidamente.

 

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN

Os participantes, polo mero feito de participar no Sorteo, aceptan as súas bases e o criterio de Vitrasa en canto a resolución de calquera cuestión derivada destas Bases.

O período de reclamación finaliza transcorridos cinco (5) días desde a data de comunicación ás persoas agraciadas do premio. As reclamacións interporanse mediante escrito dirixido ao domicilio social de Vitrasa.

Para o coñecemento de calquera litixio que puidese exporse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto Vitrasa como os participantes nesta promoción sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Vigo.

 

PROTECCIÓN DE DATOS

Os seus datos serán tratados por Viguesa de Transporte, S.L. como responsable do tratamento de datos de carácter persoal para tramitar todas as cuestións relacionadas coa súa participación na presente promoción. Vitrasa só tratará os seus datos persoais cando exista unha base legal para facelo, que será a prestación dos servizos solicitados polo participante.

Os datos que solicitaremos serán o nome, apelidos e información de contacto (teléfono, email) do ganador/a coas finalidades de entregar o premio.

En calquera momento poderá revogar o seu consentimento, así como exercitar os dereitos de oposición, acceso, portabilidade, rectificación, limitación e supresión de datos, a través de (vitrasa@mobilityado.com).

 

CASO FORTUÍTO

Vitrasa non se responsabiliza das posibles eventualidades fortuítas que poidan afectar o desenvolvemento do Sorteo. En ningún caso Vitrasa será responsable dos erros na prestación dos servizos de calquera outra persoa ou entidade cuxa participación sexa necesaria para que o gañador/s poida gozar o premio.

 

 

Ver documentación asociada

 

<< Volver al Listado de Noticias